Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 14 de abril de 2014 Páx. 17224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de explotación da cafetaría no centro sociocomunitario de Mondoñedo (expediente 6/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Enderezo: rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

3. Teléfono: 982 29 41 01.

4. Fax: 982 29 49 74.

5. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

6. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expediente: 6/2014.

2. Obxecto dos contratos:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición:

Contratación do servizo de explotación da cafataría no centro sociocomunitario de Mondoñedo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

C. sociocomunitario de Mondoñedo, praza do Concello, s/n, 27740 Mondoñedo (Lugo).

e) Prazo de execución: 1 ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (Referencia de Nomenclatura): 55330000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Canon de licitación: 500,00 € anuais.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 1.000,00 €.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver pregos.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 13 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo