O 14 de marzo de 2014, a xefa territorial de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014042AL-LU, incoado a Carnicería O Labrego, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Carnicería O Labrego, S.L. o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle tamén que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 21 de marzo de 2014
Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº expediente: 2014042AL-LU.
Denunciada: Carnicería O Labrego, S.L.
CIF: B27269455.
Último enderezo coñecido: San Cristovo de Chamoso, 29, 27163 O Corgo (Lugo).
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 50.1.h e 51.2 parágrafo 15º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).