Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-407/13 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, á cal non se lle puido facer por correo certificado, a resolución ditada no expediente de multa por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

Pontevedra, 18 de marzo de 2014

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expediente

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

José Luis Pereira Ferreira

35566130B

PO-407/13 NL

Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

r/ A Coruña, 16-2º A, 36470 Salceda de Caselas

Multa de 301 €