Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16296

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (876/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 876/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Juan José Illodo Gil contra Empresa de Servicios Agrarios Condado Rosal, S.L. e outros, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación:

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014.

A parte demandante presentou escrito en que desiste da demanda. Dáse traslado á parte contraria da desistencia polo prazo de dez días para que mostre ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC, facéndolle saber que, en caso de non realizar o trámite no prazo conferido, se entenderá conforme coa desistencia formulada de contrario.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Empresa de Servicios Agrarios Condado Rosal, S.L., en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

A secretaria xudicial