Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 10 de abril de 2014 Páx. 16291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (185/2012).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 185/2012.

Demandantes: Sandra Villaverde de Francisco, María Montserrat López Botana, Pablo Antonio Céspedes García, Bruno Sancho Piñeiro, Marta Sesar Segade, Andrea Mariana López Lamas, Laura Aparicio Choren, Agustín Caamaño Abeijón, María Carmen Fuentes González.

Avogados: Ángeles Cancela Regueiro, Óscar Rodríguez Mallo e Alberto Freijeiro Otero.

Demandada: Grace Antonia Nouel Brache.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 185/2012 e acumuladas, deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat López Botana e outros contra a empresa Grace Antonia Nouel Brache, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 19 de marzo de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Grace Antonia Nouel Brache en situación de insolvencia parcial por importe de 187.387,71 euros de principal [indemnización: 95.762,31 € (55.977,93 € a Montserrat López Botana + 17.027,63 € a Andrea Mariana López Lamas, 10.997,04 € a Pablo Antonio Céspedes García + 11.759,71 € a Sandra Villaverde de Francisco); salarios: 3.650,47 € a Sandra Villaverde de Francisco; salarios de tramitación: 87.974,93 € (11.951 € a Montserrat López Botana + 9.499,97 € a Andrea Mariana López Lamas + 8.984,32 € a Pablo Antonio Céspedes García + 7.281,30 € a Sandra Villaverde de Francisco + 27.910,05 € a Mª Carmen Fuentes González + 1.882,93 € a Agustín Caamaño Abeijón + 9.203,11 € a Laura Aparicio Choren + 4.351,16 € a Marta Sesar Segade + 6.910,69 € a Bruno Sancho Piñeiro)], máis 1.598,34 euros de intereses de mora (204,27 a Sandra Villaverde de Francisco + 142,49 € a Agustín Caamaño Abeijón + 383,56 € a Laura Aparicio Choren + 318,53 € a Marta Sesar Segade + 549,49 € a Bruno Sancho Piñeiro), máis 17.951,44 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, que se entenderá, para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Publicar no Diario Oficial de Galicia a insolvencia da executada ao ser persoa física.

d) Levar o orixinal a libro de decreto e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíqueselles ás partes por fax e a Grace Antonia Nouel Brache no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0185 12. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo «concepto» deberá indicar o número de conta «5076 0000 64 0185 12». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Grace Antonia Nouel Brache, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

A secretaria xudicial