Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15943

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1369/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1369/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Inversiones Inmobiliarias Volema, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fundación Laboral de la Construcción fronte á entidade Inversiones Inmobiliarias Volema, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Inversiones Inmobiliarias Volema, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 126,02 € solicitada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Inversiones Inmobiliarias Volema, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de marzo de 2014

A secretaria xudicial