Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2014 Páx. 15940

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (67/2013-C).

No presente procedemento de xuízo ordinario número 67/2013-C, seguido por instancia de Manuel Dopico Martínez, Alberto Dopico Martínez e Daniel Dopico Martínez, representados polo procurador Pedro Andrés Barral Vila, fronte a Clementino Santarén Crespo, Marcos López Sáez e Alejandro Cambra Domínguez ditouse sentenza, o 29 de xaneiro de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Manuel Dopico Martínez, Alberto Dopico Martínez e Daniel Dopico Martínez fronte a Clementino Santarén Crespo, Marcos López Sáez e Alejandro Cambra Domínguez, condeno a todos os demandados a aboar aos demandantes as sumas de 77.346,03 e 8.699,27 euros, na forma e cos xuros establecidos no fundamento xurídico cuarto da presente.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento ás partes demandadas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interporá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o demandado, Clementino Santarén Crespo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2014

O/a secretario/a xudicial