De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.
Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.
E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Núm. recurso |
Núm. expediente |
Recorrente/interesado |
Resolución |
Recurso contencioso-administrativo perante o: |
RA/VI/2012/00501 |
Credencial 58828 |
Enma Elena García Martín |
Desestimatoria |
Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra |
RA/VI/2012/00506 |
Credencial 60090 |
Alejandra Inés Puppo Ochoa |
Desestimatoria |
Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra |