Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15778

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre a legalización dun taller de electricidade do automóbil.

Manuel Aldao Quindimil y Otro, S.C. solicitou licenza municipal de apertura para un taller de electricidade do automóbil sito en Penouviña, núm. 1, baixo, parroquia de Cambre. Cumprindo co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no DOG, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Cambre, 7 de marzo de 2014

P.D. (R.A. nº 1000, do 17 de xuño de 2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente