Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15667

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (800/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 800/2012 desta sección, seguido por instancia de Javier Valeiras Mota contra a empresa Obras Frío y Maquinaria, S.L., Piñeiro Jorge Rey, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza con data do 14 de marzo de 2014, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a sentenza do 9 de novembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, en autos 543/2010, confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación á empresa Obras Frío y Maquinaria, S.L. e a Jorge Rey Piñeiro, expido o presente edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial