Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15662

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.

Por Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 4 de xuño de 2012 (DOG nº 113, do 14 de xuño) abriuse o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade e, entre elas, a de médico/a de urxencias hospitalarias.

Na devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata o 14 de xullo de 2012 que cumpran os requisitos determinados na resolución citada.

Pola Resolución do 26 de novembro de 2013 (DOG nº 236, do 11 de decembro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as.

Finalizado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base oitava da Resolución do 4 xuño de 2012 de inicio do prazo de inscrición na lista da citada categoría,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias.

Segundo. As listas co número de orde e puntuación definitivos obtidos polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/seccion de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base oitava da Resolución do 4 de xuño de 2012, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do 10 de abril de 2014. Resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos