Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2014 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, do servizo para o desenvolvemento da campaña publicitaria A economía de Galicia como principal impulsora do desenvolvemento e o emprego dunha terra recoñecida como Galicia calidade en tres eixes: internacionalización, investimento e emprendemento (expediente 02/2014 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4.º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 981 54 55 23 e 981 54 55 22.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 02/2014 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: a creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña publicitaria de ámbito galego e nacional, para sensibilizar á poboación sobre os valores de Galicia como unha terra solvente para o desenvolvemento de proxectos e investimentos que a levarán cara ao crecemento e a xeración de emprego.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 2 lotes.

Lote 1: creatividade, deseño e produción.

Lote 2: estratexia de medios e difusión da campaña.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega:

Lote 1: un máximo de 15 días naturais desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

Lote 2: comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e abranguerá ata o 15 de decembro de 2014. A duración da campaña publicitaria non poderá exceder 12 semanas.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato:

a) Lote 1: 49.586,78 euros.

b) Lote 2: 1.107.438,02 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: importe neto 49.586,78 euros. Importe total 60.000 euros.

b) Lote 2: importe neto 1.107.438,02 euros. Importe total 1.340.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído do lote ou lotes dos que resulten adxudicatarios.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

Para o lote 1, non se esixe.

Para o lote 2, grupo T, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso):

Para o lote 1 e respecto do lote 2 exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 6 de maio de 2014.

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación.

1. Dependencia: Oficina do rexistro xeral da Xunta de Galicia.

2. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

9. Apertura de ofertas (sobres A, B e C):

a) Descrición:

– Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

– Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación técnica relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

– Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no BOE e no DOG. O adxudicatario do lote 1 asumirá o 4,29 % dos gastos de publicidade e o adxudicatario do lote 2 o 95,71 %. A publicación no DOUE, polo seu carácter gratuíto, non orixinará gasto para o adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 27 de marzo de 2014.

12. Outras informacións:

Para os efectos de comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que o contratista adxudicatario ha de facer aos posibles subcontratistas, o contratista remitiralle ao órgano de contratación, no caso de que llo solicite, a documentación citada no artigo 19.2 do PCAP. As obrigas, tanto a de presentar a dita documentación como a do cumprimento dos prazos de pagamento a/aos subcontratista/s, consideraranse condicións esenciais de execución e o seu incumprimento dará lugar á aplicación das penalidades establecidas na cláusula 13.3.b) do PCAP.

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20309

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

Por delegación (Orde do 26.7.2013; DOG núm. 154)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria