Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2014 Páx. 15614

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda a pesca en dous tramos da bacía do río Lagares, no concello de Vigo.

Antecedentes.

Con data do 1 de abril de 2014, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra propón a veda de dous tramos da bacía do río Lagares, no concello de Vigo. A proposta fundaméntase no impacto causado por unha vertedura acontecida o pasado 23 de marzo, poucos días despois da apertura da tempada de pesca logo dunha veda de varios anos por causa dunha vertedura anterior.

Consideracións legais.

Esta dirección xeral é competente para a adopción de medidas excepcionais de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial e no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

Resolución.

De conformidade con todo o anterior, resolvo vedar a pesca nos seguintes tramos da conca do río Lagares, no concello de Vigo:

– Tramo do río Lagares comprendido entre a ponte da avenida de Madrid e a ponte da rúa dos Muíños, dunha lonxitude aproximada de 7,8 km.

– Tramo 3 do couto de pesca de Fragoso, no río Barxa, comprendido entre a ponte Babío e a desembocadura no río Lagares, dunha lonxitude aproximada de 3 km.

A veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca fluvial da tempada 2015.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza