Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15594

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2014, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ribeira coa finalidade de incorporar un sistema xeral de infraestruturas contido no Plan de saneamento local da ría de Arousa, marxe dereita, concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, de conformidade co procedemento establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e en cumprimento do disposto nos artigos 84 e 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural, e someter o expediente a información pública e audiencia dos interesados durante un prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia. Así mesmo, solicitarase das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios para a presentación de suxestións e reclamacións.

En virtude do disposto no artigo 77 da LOUGA, o dito acordo de aprobación inicial determina por si mesmo a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas nos ámbitos do territorio afectados pola modificación puntual do PXOM aprobada inicialmente, sen prexuízo da súa extinción anticipada como consecuencia da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM.

Ribeira, 7 de marzo de 2014

Mª Dolores Elorduy Callón
Alcaldesa en funcións