Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 17 de marzo de 2014 polo que se relacionan resolución e comunicación de peche de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia (Parrado Búa, José e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións e comunicacións de peche de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación, en aplicación do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Interesado/a

CIF

Enderezo

Procedemento

Parrado Búa, José

35346808V

Santo Antoniño-Perdecanai, nº 55, 36191 Barro (Pontevedra)

Comunicación de resolución de responsabilidade tributaria

Romero Buceta, Mª Carmen

76848636R

Santo Antoniño-Perdecanai, nº 55, 36191 Barro (Pontevedra)

Comunicación de resolución de responsabilidade tributaria

García Maluenda, Esther

72737014C

Rolda das Fontiñas nº 126, 1º B, 27002 Lugo

Comunicación de peche de derivación de responsabilidade tributaria