Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2014 Páx. 15464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de mantemento, conservación, reforma e reparación do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 21/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de mantemento, conservación, reforma e reparación do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

b) Lugar de execución: Vilanova de Arousa.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trescentos once mil seiscentos vinte e seis euros con dezasete céntimos (311.626,17 €), IVE incluído.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas no convenio específico asinado o 7 de maio de 2012 entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, publicado pola Resolución do 22 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado (BOE nº 139, do 11 de xuño).

O eixe, medida e tipo de actuación son os seguintes: 1.20.CA.1- dotación e mellora de infraestruturas, equipamentos e activos para o turismo rural.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (12.877,11 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información de índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20229

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados nos puntos 16 ou 17 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica ou profesional: deberase xustificar polos medios sinalados nos puntos 16 ou 17 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.7.3 f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares; deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándollo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20229, con tres días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar