Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15168

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan de sectorización de solo rústico apto para urbanizar residencial (SRAU-R8) e o informe de sustentabilidade ambiental (ISA).

Aprobado inicialmente o Plan de sectorización de solo rústico apto para urbanizar residencial (SRAU-R8) e o informe de sustentabilidade ambiental (ISA), por acordo da Xunta de Goberno Local, do 13 de febreiro de 2014, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en relación co artigo 7.5 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas naquel ámbito do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Meis, 10 de marzo de 2014

Eugenio Fernández Gómez
Alcalde accidental