Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15169

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO de convocatoria do Programa InnoCámaras, axudas a pemes galegas para o apoio á innovación no período 2014-2015.

As cámaras oficiais de comercio, industria e navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo abriron, mediante a correspondente convocatoria pública de axudas, o prazo para a presentación de solicitudes de participación no Programa InnoCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) (80 %) e polas cámaras de comercio (20 %), e coa colaboración da Xunta de Galicia.

Este programa permite á empresa o desenvolvemento subvencionado de plans de apoio á innovación, para a incorporación de solucións innovadoras nas súas estratexias de actuación.

A empresa contará cun asesor experto en innovación que o guiará no proceso, e con outras accións complementarias de reforzo sobre as posibilidades da innovación e o coñecemento entre as pemes.

As convocatorias de axudas, publicadas por cada cámara de comercio para as súas respectivas demarcacións, así como o modelo de solicitude de participación, poderán descargarse das seguintes páxinas web:

A Coruña: www.camaracoruna.com

Lugo: www.camaralugo.com

Ourense: www.camaraourense.com

Pontevedra: www.camarapontevedra.com

Santiago de Compostela: www.camaracompostela.com

Tui: www.camaratui.com

Vilagarcía de Arousa: www.camaravilagarcia.com

Vigo: www.camaravigo.com

Vigo, 27 de marzo de 2014

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral accidental da Cámara de Comercio de Vigo