Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (423/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

Procedemento: autos núm 423/2013.

Sentenza.

A Coruña, 10 de marzo de 2014

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social núm. 5 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo nº 339/2013, seguidos por instancia de Jesús Manuel Patiño Freire, representado polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a entidade Electrónica Radar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Jesús Manuel Patiño Freire contra Electrónica Radar, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Electrónica Radar, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.883,88 € brutos, polos salarios devindicados en agosto, setembro e paga extraordinaria de xullo de 2012, e outros conceptos, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co núm. 47570000, código 36 e número expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada-xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Electrónica Radar, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 14 de marzo de 2014

A secretaria xudicial