Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15068

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1419/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Segunda da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1419/2011 desta sección, seguido por instancia de Insuíña, S.L. sobre recarga por falta de medidas de seguranza, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos:

Estimando o recurso de suplicación interposto por Manuel Eugenio Díaz Lago e estimando o recurso de suplicación do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Sentenza do 24 de novembro de 2010, do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditada en xuízo 201/2010 seguido por instancia da entidade mercantil Insuíña, S.L. contra os recorrentes, contra a entidade mercantil Construcciones Norsema, S.L. e contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala revógaa e, con desestimación da demanda reitora de autos, absolvemos os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corriente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Construcciones Norsema, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial