Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2014, polo que se acepta a renuncia e se declara a extinción das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva outorgadas a Telelugo El Progreso, S.L. nas demarcacións de Monforte (TL03LU) e Vilalba (TL04LU).

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 13 de marzo de 2014,

RESOLVO:

Dar publicidade do Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2014 que a continuación se transcribe:

«Aceptar a renuncia e declarar a extinción das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual televisiva outorgadas a Telelugo El Progreso, S.L. correspondentes ás demarcacións de Monforte (TL03LU) e Vilalba (TL04LU)».

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios