Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 4 de abril de 2014 Páx. 15091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato suxeito a regulación harmonizada das obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: OBRHSE 01-MP.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19195

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 45000000-7 e outros máis. Véxase cláusula 2.1.6. do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 29 de xullo de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 17.590.050,99 € (IVE excluído), incluídas as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 15.990.955,44 €. Importe total: 19.349.056,08 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de xaneiro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 10 de marzo de 2014.

c) Contratista: UTE Corsán-Corviam, S.A./Antalsis, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 11.705.379,38 €. Importe total: 14.163.509,05 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza