Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14540

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo por Resolución do secretario xeral de Universidades do 28 de febreiro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

60

Optativas

12

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Biocatalise

4,5

Obrigatorio

Bioprocesos

Bioenxeñaría

4,5

Obrigatorio

Bioprocesos

3

Obrigatorio

Modelización mediante Fenómenos de Transporte

3

Obrigatorio

Deseño holístico de procesos

Análise e Xestión de Riscos Industriais

3

Obrigatorio

Simulación con Métodos Numéricos

3

Obrigatorio

Enerxética Industrial

3

Obrigatorio

Deseño Conceptual de Procesos

6

Obrigatorio

Habilidades Directivas

4,5

Obrigatorio

Dirección e xestión empresarial

Xestión Empresarial

3

Obrigatorio

Creación de Empresas

3

Obrigatorio

Dirección de Proxectos de Enxeñaría

4,5

Obrigatorio

Planificación da Investigación

3

Obrigatorio

Investigación e desenvolvemento

Tecnoloxías para a Valorización da Biomasa

3

Optativo

Enerxía e Contaminación Atmosférica

3

Optativo

Xestión do Ciclo de Vida de Produtos e Procesos

3

Optativo

Indicadores e Metodoloxías de Sustentabilidade Corporativa

3

Optativo

Reoloxía de Biopolímeros

3

Optativo

Líquidos Iónicos en Procesos Químicos e Bioprocesos

3

Optativo

Modelización Termodinámica e Cinética de Procesos de Secado

3

Optativo

Ecoprocesos para o Tratamento de Augas

3

Optativo

Tecnoloxías Innovadoras para o Tratamento de Efluentes

3

Optativo

Técnicas e Metodoloxías en Laboratorios de I+D

3

Optativo

Prácticas en empresas

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster e prácticas en empresas

Traballo fin de máster

18

Obrigatorio