Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14542

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría de Montes.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo, por Resolución do secretario xeral de Universidades do 28 de febreiro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría de Montes, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría de Montes

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

70

Optativas

18

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

100

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Aproveitamentos de Biomasa Forestal

3

Obrigatorio

Industrias e enerxías forestais

Construción de Infraestruturas Forestais

4

Obrigatorio

Deseño de Industrias Forestais

3

Obrigatorio

Enerxías Renovables

3

Obrigatorio

Produción de Biomasa e Cultivos Enerxéticos

4

Obrigatorio

Proxectos de Industrias Forestais

3

Obrigatorio

Control da Contaminación e Auditoría Ambiental

3

Obrigatorio

Planificación e mellora forestal a escala territorial

Xestión Sustentable de Montes e Comarcas Forestais

5

Obrigatorio

Mellora Xenética Forestal

3

Obrigatorio

Ordenación e Xestión Territorial

3

Obrigatorio

Planificación Hidrolóxica

3

Obrigatorio

Planificación e Xestión de Espazos Naturais Protexidos

3

Obrigatorio

Dirección de Proxectos

3

Obrigatorio

Organización de empresas e política forestal e do medio natural

Estratexias Mundiais de Protección do Medio Natural

3

Obrigatorio

Avaliación Técnico-Económica de Recursos Forestais

3

Obrigatorio

Mercados e Dirección de Empresas Forestais

6

Obrigatorio

Socioloxía e Políticas Forestais

5

Obrigatorio

Accións de Conservación en Espazos Naturais Protexidos

3

Optativo

Especialidade en espazos naturais protexidos

Aproveitamento de Recursos en Espazos Naturais Protexidos

3

Optativo

Criterios de Deseño de Espazos Naturais Protexidos

3

Optativo

Economía e Política Ambiental

3

Optativo

Avaliación da Biodiversidade

3

Optativo

Infraestruturas e Uso Público de Espazos Naturais Protexidos

3

Optativo

Análise e Simulación de Incendios

3

Optativo

Especialidade en incendios forestais

Efectos do Lume sobre os Ecosistemas

3

Optativo

Xestión do Combustible con Fins Preventivos

3

Optativo

Plans de Defensa e Avaliación Económica de Danos por Incendio

3

Optativo

Rexeneración e Restauración Forestal tras Incendio

3

Optativo

Teledetección e SIX nos Incendios Forestais

3

Optativo

Desenvolvemento de Modelos e Validación

3

Optativo

Especialidade en modelos para a xestión forestal

Modelos para Plantacións Forestais

3

Optativo

Modelos para Bosques Naturais

3

Optativo

Modelos Ecofisiolóxicos e de Efectos do Cambio Global

3

Optativo

Modelos de Nutrientes, Carbono e Auga

3

Optativo

Modelos de Producións non Madeireiras

3

Optativo

Prácticum

10

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio