Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 2 de abril de 2014 Páx. 14421

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

O 14 de xullo de 2012 publícase no BOE o Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade. Entre as medidas que recolle o real decreto lei recóllense melloras necesarias para asegurar a sustentabilidade presente e futura do sistema para a autonomía e atención á dependencia e así, entre outras, elimínase a estrutura dos niveis en que se subdividía cada grao de dependencia, manténdose só a estrutura de graos, así como a través da súa disposición transitoria décima se establecían as contías máximas das prestacións económicas para coidados no contorno familiar, de asistencia persoal e da prestación vinculada a un servizo, ata que non se regulasen regulamentariamente.

O Real decreto 1051/2013, do 27 de decembro, polo que se regulan as prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, establece na súa disposición adicional segunda as contías máximas das prestacións económicas e equipáraas por grao recoñecido, así dispón que con independencia da data en que se produza o seu recoñecemento, as contías máximas das prestacións económicas correspondentes aos graos III, II e I de dependencia serán as que se determinan na disposición transitoria décima, punto 2, do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

Tendo en conta a aprobación das novas contías sinaladas, en consecuencia, cómpre modificar as disposicións normativas ditadas no seu desenvolvemento. Debido a isto, a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, vese afectada na regulación contida no seu anexo V de contías máximas das libranzas, polo que se procede á súa modificación.

En virtude do exposto, no exercicio das atribucións conferidas segundo o artigo 38 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, así como pola disposición derradeira segunda do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro), polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes, e polo artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes

A Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes, queda modificada como segue:

Un. O anexo V de contías máximas da libranza queda redactado do seguinte modo:

Con independencia da data en que se producira o seu recoñecemento, as contías máximas das libranzas terán en conta o grao recoñecido e serán as seguintes:

Grao de dependencia

Libranza vinculada á adquisición de servizos

Libranza de coidados no contorno

Libranza de asistente persoal

Euros/mes

Contía

Contía

Contía

Grao III

715,07 €

387,64 €

715,07 €

Grao II

426,12 €

268,79 €

426,12 €

Grao I

300,00 €

153,00 €

300,00 €

Complemento nivel adicional da C.A.

Grao III

– Contía nivel adicional ata 1.300 €.

– Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Grao II

– Contía nivel adicional ata 1.300 €.

– Complemento adicional do 15 % da contía total recoñecida en períodos de especial dedicación.

Disposición transitoria única. Situacións xurídicas preexistentes

Transitoriamente e mentres non se proceda á revisión do PIA en relación coas libranzas de coidados no contorno familiar e de libranzas vinculadas á adquisición dun servizo recoñecidas con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde, as persoas beneficiarias de libranzas de coidados no contorno familiar e de libranzas vinculadas á adquisición dun servizo continuarán percibindo a contía recoñecida en relación coas contías máximas vixentes ata esa data. As contías aprobadas no artigo único serán efectivas a partir da data en que se dite a resolución de revisión do PIA e cos efectos que nesta se dispoña.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a/o titular do órgano de dirección con competencias en materia de dependencia e autonomía persoal para ditar as normas que resulten necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Vixencia da norma

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2014, no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar