Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de marzo de 2014 pola que se notifican as resolucións dos recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 18 de febreiro de 2013, recaída no expediente S-2011/034-LU, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio da destinataria.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 10 de febreiro de 2014 dúas resolucións polas cales se desestima, nun caso, e inadmite a trámite no outro, os recursos potestativos de reposición interpostos contra a Resolución do 18 de febreiro de 2013 ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras de reforma con aumento de volume nunha edificación de planta baixa, na marxe dereita da estrada nacional 642, á altura do punto quilométrico 40,700 ao seu paso pola localidade de Cangas de Foz, termo municipal de Foz, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal das referidas resolucións á sociedade mercantil Oxem Sports, S.L., mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle á citada interesada as devanditas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, os actos non se publican na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro das resolucións que se lle notifican se encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, as notificacións entenderanse producidas.

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística