Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14192

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Zas

ANUNCIO de información pública sobre a instalación de supermercado en Baio.

Iriago, S.L. solicitou neste concello unha licenza para a instalación de supermercado na rúa Obispo Romero Lema, edificio Pomares, baixo, Baio. O concello tramita o oportuno expediente comprobando que a dita licenza está sometida a unha avaliación de incidencia ambiental.

Para cumprir coa lexislación vixente sobre actividades suxeitas a un procedemento de avaliación de incidencia ambiental ábrese un período de información pública durante vinte días, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que aquelas persoas que se consideren afectadas dalgunha manera pola dita actividade presenten as observacións que consideren pertinentes. O prazo comezará a contar a partir da publicación do último dos anuncios.

Este anuncio producirá efecto de notificación para todos os propietarios e interesados directamente afectados comprendidos no artigo 59.6 na LRXAP e PAC.

Zas, 5 de febreiro de 2014

Manuel Muíño Espasandín
Alcalde