Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de adxudicación e formalización do contrato de xestión de servizo público, na modalidade de concesión administrativa, de piscina climatizada e instalacións anexas deste concello.

Por Resolución da Alcaldía 60/2014, do 24 de febreiro, resolveuse a adxudicación do contrato indicado que se publica consonte o prego e para os efectos do artigo 154 Real decreto 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

A dita adxudicación foi conforme o seguinte que se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Rianxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Enderezo do perfil do contratante: http://www.concelloderianxo.es/perfildocontratante

d) Domicilio: Praza de Castelao, nº 1.

e) Localidade e código postal: Rianxo, 15920.

f) Teléfono: 981 86 00 75. Fax: 981 86 66 28.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato administrativo de xestión de servizo público. Modalidade: concesión administrativa.

b) Descrición do obxecto do contrato: piscina climatizada e instalacións anexas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

c) Forma de adxudicación: concurso con multiplicidade de criterios de valoración:

– Criterios técnicos: proxecto deportivo e de xestión.

plano de RR.HH.

plano de mantemento e limpeza.

xestión da calidade.

plano de vixilancia.

– Criterios automáticos: melloras nas instalacións.

redución do canon inicial.

seguro de responsabilidade civil.

d) Orzamento base de licitación e prazo de execución:

• Orzamento total (IVE incluído): 86.953,22 € canon anual.

• Prazo de execución: 84 meses prorrogables en 36 meses.

4. Adxudicación:

a) Adxudicataria: Aquafit Gestión, S.L.

b) Data da resolución de adxudicación: 24 de febreiro de 2014.

1. Importe de adxudicación: 85.000,00 €.

c) Prazo de formalización contrato: dentro dos quince (15) días hábiles desde a notificación do acto.

d) Duración do contrato: 84 meses prorrogables por tres anos ata un máximo de 10 anos.

5. Formalización: 28.2.2014.

Rianxo, 3 de marzo de 2014

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde