Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 31 de marzo de 2014 Páx. 14179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de marzo de 2014, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 3 de marzo de 2014, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-36/14, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Félix Collazos López e os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución do presente procedemento por infracción leve corresponde á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro) e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións coiden convenientes e, se for o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, se non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo considerarase como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 17 de marzo de 2014

P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Expediente: AC-36/14.

Denunciado: José María Regueiro Castro.

NIF: 32826079L.

Establecemento: Pulpeira Santa Cristina.

Enderezo: avenida Santa Cristina, 32 B.

Localidade: Oleiros.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e b) da Lei 7/2011.

Incoación: 3 de marzo de 2014.

Sanción: multa de trescentos euros (300 €).