Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1018/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1018/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Sánchez Martínez contra a empresa Estructuras Técnicas Noroeste, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Copcisa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda formulada por Francisco Sánchez Martínez contra Estructuras Técnicas Noroeste, S.L. e Copcisa, debo condenar e condeno a que ambas as empresas aboen solidariamente ao demandante a cantidade global de dous mil dezasete euros con sesenta e sete céntimos máis os xuros de demora do 10 %.

Ningunha responsabilidade alcanza o Fogasa nesta instancia, conforme o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Copcisa, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2014

O secretario xudicial