Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de marzo de 2014 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/10/2013, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento aos herdeiros de Sara Piñón Fontela para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/10/2013, en relación coas obras consistentes en edificacións prefabricadas, glorieta e churrasqueira que se levan a cabo no lugar de Figueiroa (Boca do Forno)-A Pedra, no termo municipal de Cariño, provincia da Coruña.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística