Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13117

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (360/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 360/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Villar Pazos contra a empresa Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a sentenza nº 97, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Marcos Villar Pazos, asistido polo letrado Sr. Pérez López, fronte a Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., a administración concursal Mauro Antonio Puga Martínez e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

(…)

Decido que estimo a demanda interposta por Marcos Villar Pazos fronte a Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., a administración concursal Mauro Antonio Puga Martínez e o Fogasa e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado con efectos de 1.6.2012, condeno solidariamente as mercantís demandadas a que opten, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a presente sentenza a razón de 99,54 euros por día, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 21.978,45 euros, e condeno a Mauro Antonio Puga Martínez unicamente na súa condición de administración concursal. Absólvese o Fogasa.

Advírtese ás mercantís Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L. e Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. que, en caso de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, se entende que procede a primeira.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación anta a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

A secretaria xudicial