Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Vilar de Barrio, Laza e Castrelo do Val (expediente IN407A 2013/80-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UTE Vilariño Vía Izquierda.

Domicilio social: r/ Acanto, nº 22, 5º andar, 28045 Madrid.

Denominación: modificación nº 1 do proxecto de adecuación e mellora da LMT aérea existente, propiedade de ADIF (tramo Vilar de Barrio-Campobecerros).

Situación: Vilar de Barrio, Laza e Castrelo do Val.

Características técnicas: LMT aereosubterránea, a 30 kV, de 25.337 m de lonxitude en aéreo, con condutor LA-110/116,20 mm2 Al sobre apoios metálicos/formigón, con orixe no apoio número 1478 da liña eléctrica existente de acompañamento á liña ferroviaria convencional Zamora-Ourense, en Vilar de Barrio, con PAS e final no apoio nº 176 da mesma instalación en Campobecerros, tamén con paso aéreo a soterrado, e 150 m en subterráneo a partir deste apoio, con condutor RHZ1 OL 18/30 kV/3×1×240 mm2 Al.

CT redutor ao remate da instalación citada no punto anterior, de 20 MVA de potencia aparente e R/T 30/20 kV.

Orzamento: 1.378.954,67 euros.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, logo de período de consultas previas aos organismos con competencias na materia, emitiu, con data 19 de febreiro de 2014 o seu correspondente informe de impacto ambiental, no cal se fixan as condicións ambientais que se deberán observar no presente caso, sen que se considere necesaria a tramitación prevista na sección 1ª do capítulo II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 17 de marzo de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial