Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 27 de marzo de 2014 Páx. 13185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de marzo de 2014 polo que se somete á información pública a solicitude presentada pola Asociación de Propietarios de Embarcacións da 7ª Lista Robaleira de Bueu de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario con destino a construción e explotación de pantalán para atracada de embarcacións deportivas no porto de Bueu (expediente 13-17-13-C-1).

A Asociación de Propietarios de Embarcacións da 7ª Lista Robaleira de Bueu solicitoulle a este ente público unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Bueu, con destino á construción e explotación de pantalán para atracada de embarcacións deportivas no porto de Bueu; segundo a documentación técnica relativa ás referencias técnicas da explotación e o proxecto básico de instalacións de amarre para embarcacións da 7ª lista en Bueu, redactado en xullo de 2012 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Manuel González Moles.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da Mariña Mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A-6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia