Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12910

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas PE/D3 do enlace SX/VIG2 do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

Por medio do presente poño en público coñecemento que o Pleno do Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2014, aprobou definitivamente o Plan especial de infraestruturas PE/D3 do enlace SX/VIG2 do PXOM do Concello de Abegondo, que xa foi notificado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e cuxo texto íntegro foi publicado no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

O que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

O que traslado para o seu coñecemento e efectos.

Abegondo, 27 de febreiro de 2014

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde