Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade da Resolución do 24 de febreiro de 2014, do director xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o Acordo de concentración parcelaria da zona de Outes-Valadares (Outes-A Coruña).

O 24 de febreiro de 2014 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a Resolución de modificación do Acordo de concentración parcelaria da zona de Outes-Valadares (Outes-A Coruña) que se transcribe a continuación:

O Acordo da zona de concentración parcelaria de Outes-Valadares (Outes-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente na materia con data 19 de febreiro de 2003, foi publicado e notificado na forma legalmente establecida, e encóntrase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Outes, con data 13 de decembro de 2013, solicitou a cesión da titularidade dos predios número 303 e 809 dado que no primeiro existe a pista polideportiva do lugar de Mirás e o segundo para desfrute dos veciños.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que os destinos para os cales se solicitan os predios número 303 e 809 son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1) Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona de Outes-Valadares (Outes-A Coruña) e adxudicar ao Concello de Outes a titularidade dos predios número 303 e 809 –que causan baixa no Fondo de Terras da zona– para seren destinadas aos fins que se recollen na parte dispositiva da presente resolución.

2) Transcorridos cinco anos desde a cesión das titularidades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre o Fondo de Terras da zona, o patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3) Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Outes.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 7 de marzo de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña