Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 12 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o trámite de requirimento de emenda de solicitude dun expediente de reclamación eléctrica.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao interesado o requirimento de emenda de solicitude do expediente de reclamación eléctrica que a continuación se relaciona, anexo, ao ser devolto polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día.

O interesado dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial a documentación requirida.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 12 de marzo de 2014

P.A. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF

Domicilio

IN 635 A 2013/189-3

José Manuel Macedo da Silva

44490080-E

Rúa Peña Nofre, 3-3º C, Ourense