Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2014/29-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Inverfago, S.L.U.

Domicilio social: Xardíns, 2, Perillo, 15172 Oleiros.

Denominación: LMT, CS e CT de 400 kVA para edificio.

Situación: Xardíns, 2, Perillo, Oleiros.

Características técnicas:

LMT soterrada de 15 kV de 2 × 140 m de lonxitude, 1 × 240 mm2 Al, con orixe na LMT SMC724 (San Pedro de Nós), entre o CT 15CEC2 (urbanización Carballido) e o CT 15CZK8 (urbanización As Cancelas). Centro de seccionamento de interior con 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 400 A. Centro de transformación de interior con trasformador de 400 kVA, illamento seco, relación 15-20/0,40 kV; aparellaxe de manobra, protección e equipamento de medida en cabinas metálicas prefabricadas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 10 de marzo de 2014

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña