Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12508

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público mediante concesión.

De conformidade co acordado polo Pleno do Concello de Cangas, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 7.3.2014, por medio deste anuncio convócase procedemento aberto para a adxudicación do contrato de xestión de servizo público, mediante concesión, que ten por obxecto a xestión do ciclo integral da auga do concello de Cangas (CIA), conforme as seguintes especificacións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cangas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría, Apoio Xurídico.

2. Domicilio: avenida Castelao, nº 2.

3. Localidade e código postal: Cangas, 36940.

4. Teléfono: 986 30 00 50.

5. Fax: 986 30 48 50.

6. Correo electrónico: secretaria@cangas.org, laboral@cangas.org

7. Enderezo do perfil do contratante: www.cangas.org

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato administrativo de xestión de servizo público (concesión).

b) Descrición: ciclo integral da auga: abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais.

c) Lugar de execución: Cangas.

d) Prazo de execución: 25 anos (non prorrogable).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

b) Tramitación: ordinaria.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 16ª do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP):

• Criterios avaliables mediante xuízos de valor: ata 40 puntos.

• Proxecto técnico de organización dos servizos: ata 25 puntos.

• Metodoloxía de xestión e mellora dos servizos: ata 15 puntos.

• Criterios avaliables mediante a aplicación de fórmulas: ata 60 puntos.

• Canon inicial anticipado: ata 25 puntos.

• Menor custo total unitario da explotación do CIA e a súa repercusión na cota das tarifas: ata 20 puntos.

• Melloras sen custo adicional: ata 15 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 55.440.421,25 € (IVE excluído).

5. Tipo de licitación/canon de explotación: 800.000 € (mellorable á alza).

6. Garantías:

• Provisional: 3 % do valor estimado do contrato (1.663.212,64 euros).

• Definitiva: 5% do valor estimado do contrato (2.772.021,06 euros).

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional segundo o establecido na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

• Prazo: corenta e cinco (45) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG (último anuncio publicado).

• Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Cangas ou por correo (cláusula 14ª do PCAP).

9. Apertura de ofertas:

Anunciarase no perfil do contratante do Concello de Cangas.

10. Gastos de publicidade:

Os gastos derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cangas, 11 de marzo de 2014

José Enrique Sotelo Villar
Alcalde presidente