Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de marzo de 2014, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a incoación do 5 de febreiro de 2014, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-2/14, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG número 193, do 9 de outubro) e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 13.2 do citado decreto.

A Coruña, 11 de marzo de 2014

P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística

ANEXO

Expediente: AC-2/14.

Denunciado: Josmator Hostelery Caiman Island, S.L.

CIF: B70266442.

Establecemento: Tortoni, 9.

Enderezo: CC. Los Cantones Village, avenida Alférez Provisional, 3.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letras a) e b), da Lei 7/2011.

Incoación: 5 de febreiro de 2014.

Sanción: multa de setecentos euros (700 €).