Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 24 de marzo de 2014 Páx. 12385

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 4 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos de turismo rural, establecementos hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos de turismo, axencias de viaxes, cafetarías, bares, restaurantes e empresas de servizos turísticos complementarios, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, TP 5.57.2, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 13 de marzo de 2014, faise necesario realizar a oportuna corrección:

Na páxina 10746, no artigo 16.1 das bases reguladoras, onde di: «Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de setembro de 2014, ...», debe dicir: «Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario terá de prazo ata o 30 de decembro de 2014, ...».