Por Resolución reitoral do 29 de novembro de 2013 (DOG do 13 de decembro e BOE do 23 de decembro de 2013), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a xestor/a de sistemas, especialidade xestión de sistemas, grupo II da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor
RESOLVE:
Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.
Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:
http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2014
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela