Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12113

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2014 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, mediante concurso, para cubrir unha praza de letrado/a vacante no cadro de persoal deste consello.

Unha vez convocado o proceso selectivo para cubrir unha praza de letrado/a no corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia, mediante a Resolución do Consello Consultivo de Galicia do 14 de febreiro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 42, do 3 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, a Presidencia

RESOLVE:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, mediante concurso, para cubrir unha praza de letrado/a do Consello Consultivo de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Praza de letrado/a do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia

Tribunal titular:

Presidenta:

Ana Mª López Guizán, letrada-secretaria xeral do Consello Consultivo de Galicia.

Secretaria:

Mª José Quintana Acevedo, letrada do Consello Consultivo de Galicia, que actuará con voz e voto.

Vogais:

Juan Ramón Costas Núñez, letrado da Xunta de Galicia.

Mª da Alba Nogueira López, profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela.

Mª Dolores Rivera Frade, maxistrada da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidente:

Pablo José López Paz, director da Asesoría Xurídica do Concello de Lugo.

Secretario:

José Abelardo Blanco Serrano, letrado do Consello Consultivo de Galicia, que actuará con voz e voto.

Vogais:

Carmen Mª Salgueiro Moreira, letrada da Xunta de Galicia.

Mª Teresa Carballeira Rivera, profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela.

Fernando Fernández Leiceaga, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.