Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expedientes ANP-LU-0019/2013-V e ANP-LU-0020/2013-V).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, caberá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Interesado

Expediente

Acto que se notifica

Último enderezo coñecido

Daniel Fernando Vaz do Nascimento

ANP-LU-0019/2013-V

Resolución do procedemento

Elías Baliño. San Pedro, 24
27600 Sarria (Lugo)

Luís Arias Fernández

ANP-LU-0020/2013-V

Resolución do procedemento

Alférez Provisonal, 20
24540 Cacabelos (León)