Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Venres, 21 de marzo de 2014 Páx. 12146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (expedientes ANP-LU-0027/2013-V e ANP-LU-0028/2013-V).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992. Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Interesado/a

Expediente

Acto que se notifica

Último enderezo coñecido

Ángel Castro Gómez

ANP-LU-0027/2013-V

Resolución do procedemento

Polígono Sagrado Corazón, 25-3º esq.
27003 Lugo

Yuri López Lacerda

ANP-LU-0028/2013-V

Resolución do procedemento

Transversal, 50-5º B
27700 Ribadeo (Lugo)