Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11892

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECIÓN de erros. Resolución do 26 febreiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 41, do 28 de febreiro de 2014, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 8709 débese incluír no «Anexo II Listas abertas», no cadro «Corpos e escalas (persoal funcionario)», a liña:

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos

Na páxina 8710 débese eliminar do «Anexo III Listas pechadas», no cadro «Corpos e escalas (persoal funcionario)», a liña:

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2062

Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos