Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Xoves, 20 de marzo de 2014 Páx. 11891

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 6 de marzo de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Unha vez presentada a renuncia do presidente titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Alberto Castrillo Escobar como presidente titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Segundo. Nomear no seu lugar como presidenta titular do dito tribunal a Patricia Tabarés Obenza, funcionaria pertencente ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda