Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto pola interesada no expediente LU-2013/169.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución ditada no recurso de alzada, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar a resolución na Dirección Xeral de Xustiza, situada na praza de Europa, 5A-4º, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Fáiselle saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da interesada, se é o caso.

Recorrente: Elsa Damaris Martínez Veras.

Expediente: LU-2013/169.

Tipo de resolución: inadmisión, por extemporáneo, do recurso de alzada.

Data da resolución do recurso de alzada: 13 de decembro de 2013.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza