Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de inicio de extinción da concesión do parque de cultivo do lugar dos Xuncais-Barbos, ría de Ortigueira (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da xefatura de Coordinación da Área do Mar, situada na rúa Ramón y Cajal, nº 2, andar 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 26 de febreiro de 2014

P.D. de sinatura (Resolución do xefe territorial do 24.7.2013)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña

ANEXO

Expediente: de inicio de extinción da concesión do parque de cultivo do lugar dos Xuncais-Barbos.

Interesada: Cultivos de Ortigueira, S.L.

Representante: Alonso Martínez, Emilio Ramón.

Enderezo: r/ Presa de Alende, nº 4, As Pontes de García Rodríguez, 15320 A Coruña.

Acto notificado: resolución de inicio de procedemento de extinción da concesión.