Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Mércores, 19 de marzo de 2014 Páx. 11771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2014: SIC Gourmets, Madrid 2014 (do 10 ao 13 de marzo) e SIAL París 2014 (do 19 ao 23 de outubro), actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 6/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2014: SIC Gourmets, Madrid 2014 (do 10 ao 13 de marzo) e SIAL París 2014 (do 19 ao 23 de outubro) (expte. 6/2014).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19967

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 242, do 19 de decembro de 2013.

e) División por lotes e número: non leva.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e anticipada de gasto, aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 450.000,00 €, IVE (21 %): 94.500,00 €. Importe total: 544.500,00 €.

Valor estimado: 450.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 19 de febreiro de 2014.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 386.800,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 81.228,00 €.

Importe total: 468.028,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 21 de febreiro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar